Nova: Román Rodríguez afonda nas relacións entre Galicia e Portugal na recepción ao presidente do Camões-Instituto, Luis Faro

21/06/2019
Román Rodríguez afonda nas relacións entre Galicia e Portugal na recepción ao presidente do Camões-Instituto, Luis Faro
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, recibiu hoxe no Pazo de San Roque ao presidente do Camões-Instituto da Cooperação e da Língua I.P. Embaixador, Luis Faro, nun acto no que estivo acompañado pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Mª Rosario Álvarez.
Tras a recepción, mantiveron un encontro no que abordaron a proximidade entre o galego e o portugués e a promoción de ambas linguas. Neste sentido, cómpre lembrar que tanto Luis Faro como Mª Rosario Álvarez participaron onte no Foro Inés de Castro, un espazo de encontro entre Galicia e Portugal con conferencias e seminarios que xiran arredor de temas comúns e que permiten intercambiar coñecementos para manter a fluída relación existente entre ambas culturas.