Nova: Arrancan na USC as II Xornadas de Xestión do Patrimonio Bibliográfico

06/06/2019
Arrancan na USC as II Xornadas de Xestión do Patrimonio Bibliográfico
Anxo M. Lorenzo destaca o "papel fundamental" das bibliotecas na conservación e divulgación do patrimonio
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, destacou o “papel fundamental” que xogan as bibliotecas á hora de conservar e divulgar o patrimonio na inauguración das II Xornadas de Xestión do Patrimonio Bibliográfico, unha actividade organizada pola Universidade de Santiago (USC) e o Grupo de Traballo de Patrimonio Bibliográfico da Red de Bibliotecas Universitarias Españolas (REBIUN)
Durante o acto, realizado no salón Novoa Santos da Facultade de Medicina da USC, o director xeral cualificou as bibliotecas como “institucións clave na conservación do noso acervo cultural” e destacou o traballo realizado desde estas institucións. A Consellería de Cultura e Turismo colabora con estas xornadas coa organización dun concerto do artista Davide Salvado que terá lugar esta tarde no Salón Teatro.