Nova: Xurxo Alonso gaña premio de poesía de Carral

31/05/2019
Xurxo Alonso gaña premio de poesía de Carral
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na entrega do galardón e na presentación do libro ‘As Bicis’, gañador da edición do ano pasado
Carral (A Coruña), 31 de maio de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na entrega do Premio de Poesía do Concello de Carral a Xurxo Alonso, galardoado nesta vixésima segunda edición. No acto, que se celebrou na Casa da Cultura de Carral, tamén se presentou o libro As Bicis, de Xabier Cid, gañador da edición do pasado ano.
Este premio, que iniciou a súa andaina en 1997 e hoxe constitúe un dos certames literarios máis prestixiosos de Galicia, conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo. O obxectivo deste galardón é promover a creación literaria en lingua galega e está dotado con 2.500 euros. Ao premio en metálico súmase a publicación do traballo gañador na colección de poesía da Editorial Espiral Maior.