Nova: As Feiras do Libro de Galicia recalan en Ourense ata o 1 de xuño

29/05/2019

As Feiras do Libro de Galicia recalan en Ourense ata o 1 de xuño

O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na apertura desta cita cultural de referencia para autores e lectores

As seguintes paradas no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019 serán Redondela, Ribeira, Cambados, Vigo, Ponteareas e Rianxo

  • Feiras do Libro de Galicia

Ourense, 29 de maio de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na apertura da Feira do Libro de Ourense, onde permanecerá ata o próximo sábado. Trátase dunha cita anual que se inclúe no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019 e que é xa unha referencia para autores e lectores.

Ourense é a sexta parada do calendario de Feiras do Libro de Galicia 2019, que despois irán a Redondela, do 6 ao 9 de xuño; Ribeira, do 13 ao 16 de xuño; e ao concello de Cambados, onde estará entre o 19 e o 22 de xuño.

Xa no inicio do verán, as citas serán nos municipios de Vigo, do 27 de xuño ao 6 de xullo; Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e a localidade de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.

Comparte