Nova: A USC celebra o seu acto literario do Día das Letras Galegas

15/05/2019

A USC celebra o seu acto literario do Día das Letras Galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asiste asistiu ao acto

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao mediodía en representación da Consellería de Cultura e Turismo ao acto literario do Día das Letras Galegas que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrou no salón nobre do Colexio de Fonseca e no que a profesora titular do departamento de Filosofía e Antropoloxía María Nieves Herrero Pérez pronunciou a conferencia Antonio Fraguas: a cultura como forma de vida.

Comparte