Nova: O CGAC homenaxea a Berta Cáccamo

10/05/2019

O CGAC homenaxea a Berta Cáccamo

Cúmprese un ano do pasamento da artista, considerada unha das artistas plásticas galegas máis importantes da súa xeración e galardoada en 2017 co Premio da Cultura Galega

Anxo M. Lorenzo participa no acto de homenaxe a Berta Cáccamo No Centro Galego de Arte Contemporánea

  • Berta Álvarez Cáccamo Berta Álvarez Cáccamo

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á homenaxe a Berta Cáccamo celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) con motivo do primeiro aniversario do seu pasamento.

O director xeral destacou que é considerada unha das artistas plásticas galegas e españolas máis importantes da súa xeración, sendo merecedora do Premio da Cultura Galega 2017 no apartado das artes plásticas. A súa obra forma parte das coleccións de arte máis importantes de España e figura no CGAC, no Museo provincial de Pontevedra e en coleccións particulares como a de Naturgy na Coruña.

O acto, no que interviñeron o director do CGAC, Santiago Olmo, e Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros, concluíu coa presentación e proxección do filme Un recorrido con Berta, de Anne- Marie Cornu.

Comparte