Nova: Tecendo lazos para facer un Xacobeo 21 internacional

10/05/2019

Tecendo lazos para facer un Xacobeo 21 internacional

Román Rodríguez comparte co corpo consular as oportunidades no intercambio e a proxección internacional do Xacobeo 21

Oleiros (A Coruña), 10 de maio de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe nun almorzo-coloquio con representantes do Corpo Consular da Coruña, organizado polo Consulado de Cabo Verde en Galicia e Decanato do Corpo Consular Acreditado da Coruña. No encontro, celebrado no Hotel Monumento Pazo do Río, en Oleiros, participaron numerosos membros do Corpo Consular da Coruña representando a países de Europa, África ou América del Sur.

Un dos principais obxectivos desta cita foi tender lazos entre administracións co obxectivo de abordar de xeito conxunto retos en materia de cultura e turismo coa vista no Xacobeo 21. O encontro tamén serviu para fomentar o intercambio cultural entre países e potenciar unha maior proxección internacional da celebración do vindeiro Ano Santo. Cómpre recordar que a Xunta está a manter reunións a nivel autonómico, estatal e internacional para acadar a maior participación posible na preparación do Xacobeo 21.

Comparte