Nova: Román Rodríguez felicita á Unión Musical de Meaño tras gañar o XXI Concurso Internacional de Bandas de Riva del Garda (Italia)

04/05/2019

Román Rodríguez felicita á Unión Musical de Meaño tras gañar o XXI Concurso Internacional de Bandas de Riva del Garda (Italia)

Meaño (Pontevedra), 4 de maio de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe co alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, na recepción da Banda Unión Musical de Meaño, na Casa Consistorial da localidade tras proclamarse gañadores do XXI Concurso internacional de bandas celebrado en Riva del Garda (Italia).

Román Rodríguez felicitou ao grupo, do que destacou o seu talento, calidade e extraordinario traballo ao tempo que destacou que as bandas son o motor da cultura musical galega. A formación, composta por máis de 100 músicos e dirixida por Diego Javier Lorente, obtivo o primeiro posto na categoría superior do certame, competindo con outras nove bandas procedentes de diversos países do mundo, o que lles fixo merecedores do prezado trofeo Flicorno D’Oro 2019.
 

Comparte