Nova: A Cidade da Cultura e Manos Unidas celebran unha carreira solidaria en beneficio de mulleres emprendedoras da India

07/04/2019
A Cidade da Cultura e Manos Unidas celebran unha carreira solidaria en beneficio de mulleres emprendedoras da India
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2019.- Un cento de persoas participaron hoxe na Cidade da Cultura nunha carreira solidaria de relevos que Manos Unidas organiza en Galicia para celebrar os 60 anos desta ONG e que se realiza, de xeito simultáneo, o mesmo día en preto de 40 localidades españolas.
A recadación desta actividade deportiva, a única que Manos Unidas fai en Galicia, irá destinada a un programa de emprendemento para mulleres vulnerables na India e conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo en Santiago e o Club de Atletismo de Santiago.