Nova: Arracan os XXI Encontros para a normalización lingüística

04/04/2019
Arracan os XXI Encontros para a normalización lingüística
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á tarde na apertura dos XXI Encontros para a normalización lingüística. Divulgación científica en Galicia: cal é o peso (atómico) do galego? que acolle a Cidade da Cultura desde hoxe ata mañá e que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG) xunto á Consellería de Cultura e Turismo. Acompañárono na mesa a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a académica da lingua galega Marilar Aleixandre.