Nova: A rodaxe da miniserie ‘Códice’ trasládase á catedral de Santiago

10/10/2014

A rodaxe da miniserie ‘Códice’ trasládase á catedral de Santiago

O conselleiro de Cultura comprobou o desenvolvemento deste proxecto audiovisual de Ficción Producións que recrea o roubo do Códice Calixtino

  • Miniserie de televisión 'Códice Calixtino' Miniserie de televisión 'Códice Calixtino'
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, visitou esta pasada noite a rodaxe da miniserie de televisión ‘Códice’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, visitou esta pasada noite a rodaxe da miniserie de televisión ‘Códice’
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, visitou esta pasada noite a rodaxe da miniserie de televisión ‘Códice’ O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, visitou esta pasada noite a rodaxe da miniserie de televisión ‘Códice’

Santiago, 10 de outubro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, visitou esta pasada noite a rodaxe da miniserie de televisión ‘Códice’, que se está a desenvolver no interior da catedral de Santiago. No proxecto audiovisual da produtora galega Ficción Producciones, que recrea o suceso do roubo do Códice Calixtino acontecido no templo compostelán, participan más de vinte actrices e actores galegos baixo a dirección do pontevedrés Jorge Cassinello.

Vázquez Abad, acompañado polos produtores executivos Mamen Quintas e Julio Casal, puido comprobar sobre o terreo o momento no que se atopa a filmación, iniciada na capital de Galicia o pasado 1 de setembro. En concreto, a escena gravada onte tivo lugar fronte á Capela do Santísimo, onde os actores Alfonso Agra (que encarna o personaxe de Don Pedro) e Miguel de Lira (que interpreta o electricista a quen se lle atribúe a desaparición do manuscrito) manteñen unha conversa no momento en que o segundo acude a escoitar misa.

A Consellería de Cultura e Educación cofinancia este proxecto cun total de 208.078,64 euros adxudicados pola convocatoria de 2013 de axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural da Agadic. O apoio a ‘Códice’ enmárcase na política de dinamización do audiovisual galego que está a desenvolver o Goberno da Xunta, e que, de xeito paralelo, contribúe a impulsar o idioma galego, xa que esta é a lingua orixinal da rodaxe.

‘Códice’, dirixida por Jorge Cassinello e protagonizada por Miguel de Lira, María Vázquez, Carlos Blanco, Antonio Durán ‘Morris’ e Francis Lorenzo, ten como punto de partida un dos acontecementos ocorridos en Galicia con máis repercusión informativa nacional e internacional: o roubo do Códice Calixtino da catedral compostelá.

Máis de 20 actores
Xunto aos intérpretes principais tamén forman parte do reparto de máis de 20 actores seleccionados María Castro, Mónica Camaño, Tamar Novas, Sabela Arán, Manuel Lozano, Xulio Abonjo, Xosé Barato, Manuel Manquiña, Luís Zahera, Alfonso Agra, Antonio Mourelos, Luís Iglesia, Camila Bossa e Manuel Cortés, ademais de 200 figurantes procedentes de diferentes puntos da xeografía galega.

A rodaxe comezou o pasado 1 de setembro e desenvolverá un intenso calendario de traballo ata o vindeiro 13 de outubro, coa maioría das xornadas na zona monumental de Santiago e en localizacións tan emblemáticas como a nave central, o claustro e as cubertas exteriores da catedral, a capela da Corticela, a praza das Praterías ou o cemiterio do Parque de Bonaval. Trátase, ademais, da primeira rodaxe que se realiza no interior da catedral de Compostela para unha fita non documental.

 

Comparte