Nova: Unha escultura de bronce de Acisclo Novo será a peza que se entregará nos Premios da Cultura Galega 2018

26/12/2018
Unha escultura de bronce de Acisclo Novo será a peza que se entregará nos Premios da Cultura Galega 2018
Román Rodríguez recibe do escultor Acisclo Novo a peza que se entregará nos Premios da Cultura Galega 2018
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, recibiu do escultor Acisclo Novo a peza que se entregará nos Premios da Cultura Galega 2018 e que leva como título Entropía 1. Trátase dunha escultura en bronce enmarcada nunha caixa de madeira de carballo.
O concepto que sustenta a obra é o cambio e a transformación nos sistemas tendentes ao equilibrio e representa un papel engurrado do que agroma unha pequena póla, unha metáfora que relata a vontade do papel en volver ser madeira.