Nova: Entregados os Premios Barbantia da Cultura 2018

15/12/2018

Entregados os Premios Barbantia da Cultura 2018

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, participa na entrega

Os galardóns recaeron na doutora en Filosofía e Letras, Blanca-Ana Roig Rechou, na pintora María José Paz Franco Maralla e na Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza

  • Anuario Barbantia | Imaxe: Facebook Asociación Cultural Barbantia Anuario Barbantia | Imaxe: Facebook Asociación Cultural Barbantia

Ribeira (A Coruña) 15 de decembro de 2018.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, asistiu á XII edición dos Premios Barbantia da Cultura 2018 onde fixo entrega dun dos galardóns a Blanca-Ana Roig Rechou, doutora en Filosofía e Letras e autora de decenas de ensaios. No acto entregouse tamén o premio Barbantia á traxectoria cultural no Barbanza a María José Paz Franco 'Maralla', e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza recibiu o premio á iniciativa cultural. O acto estivo conducido polo actor Serafín Marcos e contou co acompañamento musical da pianista Michelle Pena.

Como é habitual, a gala de entrega destes premios acolleu a presentación do décimo cuarto volume Barbantia. Anuario de estudos do Barbanza que, nesta ocasión, abordará a conmemoración do Portus Apostoli e a fundación da vila de Noia entre outros artigos de interese.

Comparte