Nova: O libro O danés curioso en Ordes recolle 90 fotografías tomadas polo antropólogo G. Henningsen durante a súa estadía nesa terra

14/12/2018
O libro O danés curioso en Ordes recolle 90 fotografías tomadas polo antropólogo G. Henningsen durante a súa estadía nesa terra
O director xeral de Políticas Culturais asiste á presentación da obra
Ordes (A Coruña) 14 de decembro de 2018.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, asistiu hoxe á presentación do libro O danés curioso en Ordes, un libro de 90 fotografías tomadas polo antropólogo Gustav Henningsen na zona de Ordes durante a súa estadía entre 1964 e 1968 na contorna.
A maior parte das imaxes recollen xentes, espazos e tradicións desta comarca e o director xeral destacou que presentan un gran valor documental e artístico. Así mesmo, van precedidas dun texto literario da escritora Estíbaliz Espinosa.