Nova: O Didac clausura a mostra Míchigan / Acaso Míchigan de Antón Reixa

14/11/2018

O Didac clausura a mostra Míchigan / Acaso Míchigan de Antón Reixa

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2018.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta tarde na Fundación DIDAC na clausura da vídeo instalación baseada no libro Míchigan / Acaso Míchigan. Crónica de 18 días en coma do polifacético artista e escritor, Antón Reixa. Así mesmo, interviñeron no acto, Chus Pato, académica da RAG e prologuista do libro, e o poeta e xornalista Daniel Salgado, autor do epílogo. O titular de Cultura destacou a boa nova que supón o “regreso artístico pleno” de Reixa, ao que cualificou como “un dos creadores clave da Galicia das últimas décadas.”

Comparte