Nova: Entregados os premios Xograr de Outono 2018 no FIOT

21/10/2018

Entregados os premios Xograr de Outono 2018 no FIOT

Román Rodríguez asiste á representación da obra Commedia, que conta co apoio da Consellería 

  • O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu este domingo á entrega do premio Xograr de Outono 2018 O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu este domingo á entrega do premio Xograr de Outono 2018

Carballo (A Coruña), 21 de outubro de 2018.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu este domingo á entrega do premio Xograr de Outono 2018 ao dramaturgo Manuel Lourenzo, así como á representación do espectáculo Commedia –da compañía Contraproducións– no marco da 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT).

Cómpre destacar que o FIOT, Premio Cultura Galega de Artes Escénicas 2018, conta co apoio por parte da Xunta de Galicia que, a través da Agadic, este ano recibe unha axuda de 50.000 euros para o seu desenvolvemento. Así mesmo, Commedia tamén logrou unha subvención á produción escénica da Consellería de 42.498,54 euros, dentro da modalidade de mediano formato.
 
Comparte