Nova: A Irmandade Xurídica Galega conmemora as primeiras sentezas ditadas en galego nos xulgados de Ribeira

29/06/2018
A Irmandade Xurídica Galega conmemora as primeiras sentezas ditadas en galego nos xulgados de Ribeira
O recoñecemento promóveo a Irmandade Xurídica Galega en colaboración con Política Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto
Ribeira (A Coruña), 29 de xuño de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Ribeira polas maxistradas Ana López-Suevos Fraguela e Mª Isabel Suárez García. Este recoñecemento promóveo a Irmandade Xurídica Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da campaña Lingua de Lei. 35º aniversario da Lei de Normalización Lingüística.