Nova: A Academia de Baile Galicia en Danza, de Baiona, participará na copa do mundo en Sitges

14/06/2018

A Academia de Baile Galicia en Danza, de Baiona, participará na copa do mundo en Sitges

A Xunta apoiará á Academia de Baile Galicia en Danza, de Baiona, na súa participación na copa do mundo en Sitges

Vigo, 14 de xuño de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará á Academia de Baile Galicia en Danza, de Baiona, na súa participación na Copa do Mundo de Baile (Dance World Cup) que terá lugar en Sitges do 22 de xuño ao 1 de xullo.

O Goberno galego abonará parte dos gastos de desprazamento deste grupo de bailaríns que se disputaran o título mundial canda outros 12.000 participantes de 47 países. Así llo confirmou esta mañá o delegado territorial Ignacio López-Chaves á directiva do centro nunha reunión celebrada no Concello de Baiona a instancias do alcalde Ángel Rodal.
 

Comparte