Nova: A escola de baile Media Punta, de Vigo, participará na Copa do Mundo de Baile

27/04/2018

A escola de baile Media Punta, de Vigo, participará na Copa do Mundo de Baile

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará á Escola de Baile Media Punta na súa participación da Copa do Mundo de Baile  (Dance World Cup)

  • Escola de baile Media Punta Escola de baile Media Punta
  • O conselleiro de Cultura hoxe en Vigo O conselleiro de Cultura hoxe en Vigo
  • O conselleiro de Cultura hoxe en Vigo O conselleiro de Cultura hoxe en Vigo

Vigo, 27 de abril de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará á Escola de Baile Media Punta, de Vigo, na súa participación da Copa do Mundo de Baile (Dance World Cup) que congregará máis de 12.000 participantes de 47 países en Sitges (Cataluña). O departamento de Cultura da Xunta encargarase de aboar os gastos de desprazamento de todo o grupo de bailaríns a este evento que se celebrará a finais de xuño.



Así llo transmitiu esta mañá o conselleiro Román Rodríguez á directora da escola, Cristina Rodríguez, nun encontro cos integrantes desta formación, no que tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

Comparte