Nova: Comeza a rodaxe de Quien a hierro mata, un filme de narcotráfico, dramas familiares e vinganza

04/04/2018
Comeza a rodaxe de Quien a hierro mata, un filme de narcotráfico, dramas familiares e vinganza
Vaca Films inicia en Galicia a rodaxe do filme subvencionado pola Xunta Quien a hierro mata
A Coruña, 4 de abril de 2018.- O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, asistiu hoxe na Coruña á presentación do inicio da rodaxe de Quien a hierro mata, filme de Vaca Films e Atresmedia Cine que conta cunha subvención de 240.000 euros a través da liña de axudas da Xunta a producións e coproducións audiovisuais.
A Coruña e Cambados achegan a meirande parte dos escenarios a esta historia de narcotráfico, dramas familiares e vinganza, que dirixe Paco Plaza con guión de Juan Galiñanes e Jorge Guerricaechevarría, e interpretan Luis Tosar, Xan Cejudo e María Vázquez, entre outros. A Agadic vén apoiando este proxecto desde o mesmo momento da súa posta en marcha, cando en 2016 obtivo unha axuda de preto de 20.000 euros para levar a cabo a fase de preprodución.