Nova: Celebrados os XXII Premios de Teatro María Casares na Coruña

22/03/2018
Celebrados os XXII Premios de Teatro María Casares na Coruña
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu á gala de entrega dos XXII Premios de Teatro María Casares, acompañado do director da Agadic, Jacobo Sutil. O evento foi organizado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia e celebrouse no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.