Nova: A obra de Carlos Casares, imprescindible para comprender a Galicia actual

30/11/2017

A obra de Carlos Casares, imprescindible para comprender a Galicia actual

Román Rodríguez salienta a importancia da obra de Casares para entender a Galicia actual

O conselleiro de Cultura participou na homenaxe ao autor ourensán que lle rende o Parlamento de Galicia

  • Carlos Casares Carlos Casares

Ourense, 30 de novembro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na homenaxe a Carlos Casares organizada polo Parlamento de Galicia e na que se analizou a faceta institucional do escritor ourensán ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Na súa intervención, o conselleiro definiu a Casares como “un galeguista optimista e comprometido co país” moi valorado en vida, pero que logo de cumprirse quince anos do seu pasamento, a súa figura e a súa obra resulta “imprescindible para comprender a Galicia actual”.

Román Rodríguez destacou as súas achegas no eido institucional, como parlamentario autonómico, ou a fronte de organismos clave da cultura como a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, onde sempre actuou coma máxima responsabilidade e coa mesma dilixencia que dirixiu Galaxia.

Este acto institucional na cidade de Ourense -que estivo presidido polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices- reforza a programación de actos de homenaxe a Casares con motivo das Letras Galegas. Nel participaron tamén o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o alcalde da cidade, Xesús Vázquez Abad; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; e o presidente da Fundación Carlos Casares e do Liceo de Ourense, Xabier Casares Mouriño.

Comparte