Nova: A Cidade da Cultura acolle a presentación en formato Demoday de 21 proxectos emprendedores

28/11/2017

A Cidade da Cultura acolle a presentación en formato Demoday de 21 proxectos emprendedores

  • A Cidade da Cultura acolle a presentación en formato Demoday de 21 proxectos emprendedores A Cidade da Cultura acolle a presentación en formato Demoday de 21 proxectos emprendedores
  • A Cidade da Cultura acolle a presentación en formato Demoday de 21 proxectos emprendedores A Cidade da Cultura acolle a presentación en formato Demoday de 21 proxectos emprendedores

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017.- A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a presentación de 21 proxectos emprendedores en formato ‘Demoday’, un tipo de presentación na que cada participante dispón dun tempo moi breve, neste caso 7 minutos, para dar a coñecer a súa iniciativa.

Todas as presentacións pertencen a proxectos inscritos na segunda edición do ‘Programa Go2Work’ do IGAPE-EOI, que se celebra desde o pasado mes de xuño no CEM. Centro de Empendemento do Gaiás. Precisamente, esta ‘Demoday’ supuxo o punto e final de cinco meses de formación con horas de titorización personalizada para cada un dos 21 proxectos inscritos.

A esta presentación acudiron a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo: o director da Área de Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica, Norberto Penedo; e o director da Área de Desenvolvemento de Pemes, Francisco Javier Benito.

 

Comparte