Nova: Cen voces para lembrar a Valle-Inclán

27/10/2017
Cen voces para lembrar a Valle-Inclán
O Concello de Vilanova de Arousa conmemora o aniversario do nacemento do escritor, do que se cumpren 151 anos
O secretario xeral de Cultura participou na lectura pública das súas obras, xunto con alumnado do municipio
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 27 de outubro de 2017.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta mañá en Vilanova de Arousa nos actos organizados polo Concello para conmemorar o aniversario do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán, do que se cumpren 151 anos. Anxo Lorenzo e o alcalde do municipio, Gonzalo Durán, foron o encargados de abrir, na Casa Museo de Valle-Inclán, a lectura pública Cen voces para lembrar a Valle. Centrada nas obras La media noche e La luz del día, a lectura contou coa participación de alumnado do municipio.
Co fin de recordar a figura de Valle-Inclán e de lle achegar a súa obra á cidadanía, a Consellería de Cultura e Educación vén colaborando cos concellos de Vilanova de Arousa e da Pobra do Caramiñal na programación de actividades que ambos os municipios veñen impulsando desde hai anos arredor do escritor galego.