Nova: Portas recibirá 31.000 € para a mellora das súas infraestruturas culturais

25/09/2017

Portas recibirá 31.000 € para a mellora das súas infraestruturas culturais

A través dun convenio entre a Consellería de Cultura e o Concello, levaranse a cabo obras no auditorio municipal e na casa de cultura

  • Cada de Cultura de Portas. Foto: Lameiro Cada de Cultura de Portas. Foto: Lameiro
  • O conselleiro Román Rodríguez e mailo alcalde da localidade, Víctor Estévez, asinaron hoxe o convenio de colaboración O conselleiro Román Rodríguez e mailo alcalde da localidade, Víctor Estévez, asinaron hoxe o convenio de colaboración

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financiará con 31.000 euros a mellora de infraestruturas socioculturais no concello de Portas (Pontevedra).

O conselleiro Román Rodríguez e mailo alcalde da localidade, Víctor Estévez, asinaron hoxe o convenio de colaboración a través do cal se levarán a cabo obras no auditorio municipal (sito no edificio da antiga azucreira), así como melloras na casa da cultura.

Ao abeiro deste acordo, o Concello procederá a instalar un sistema de iluminación para teatro no edificio da antiga azucreira -hoxe auditorio municipal-. Logo de anos en desuso, este edificio foi adquirido polo Concello, que acometeu a súa rehabilitación conservando a edificación orixinal dándolle un uso sociocultural e lúdico.

No que respecta á casa de cultura, as actuacións abranguen un cambio de localización da biblioteca municipal que alberga, así como a dotación de mobiliario e melloras na entrada de acceso ao edificio.

O obxectivo principal desta colaboración institucional é que os veciños de Portas conten cunhas instalacións socioculturais dotadas co equipamento necesario para o seu uso. A participación da Xunta nesta iniciativa enmárcase dentro das liñas de actuación da Consellería de Cultura e Educación para garantir unhas infraestruturas de carácter sociocultural en condicións óptimas ao servizo da cidadanía e, de forma xeral, asegurar o acceso á cultura en igualdade de condicións de todos os galegos e de garantir que estas actuacións respondan ás demandas sociais da poboación.

Comparte