Nova: Cultura publica unha edición conmemorativa de Camilo José Cela polo seu centenario

27/06/2017

Cultura publica unha edición conmemorativa de Camilo José Cela polo seu centenario

O conselleiro Román Rodríguez presentou a obra, que recolle unha compilación de artigos de distintos especialistas sobre a traxectoria literaria e persoal do escritor de Iria Flavia

  • O conselleiro Román Rodríguez presentou a obra, que recolle unha compilación de artigos de distintos especialistas sobre a traxectoria literaria e persoal do escritor de Iria Flavia O conselleiro Román Rodríguez presentou a obra, que recolle unha compilación de artigos de distintos especialistas sobre a traxectoria literaria e persoal do escritor de Iria Flavia
  • O conselleiro Román Rodríguez presentou a obra, que recolle unha compilación de artigos de distintos especialistas sobre a traxectoria literaria e persoal do escritor de Iria Flavia O conselleiro Román Rodríguez presentou a obra, que recolle unha compilación de artigos de distintos especialistas sobre a traxectoria literaria e persoal do escritor de Iria Flavia

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017.- Baixo o título “Camilo José Cela (1916-2016). El centenario de un Nobel. Un libro y toda la soledad”, a Consellería de Cultura e Educación presentou hoxe unha compilación de artigos de distintos autores que ofrecen unha visión global do autor de Iria Flavia tanto no que se refire á súa traxectoria literaria como persoal.

Durante a presentación do libro, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, asegurou que se trata dunha “obra singular”, na que se reúnen diversos puntos de vista sobre aspectos esenciais da vida e obra de Cela que “ilumina o conxunto da súa existencia e o seu desempeño creativo”.

A publicación recolle a visión de especialistas e intelectuais coma Darío Villanueva, César Antonio Molina, Adolfo Sotelo ou Ernesto Sánchez Pombo. Así mesmo inclúe un apéndice relativo á exposición homónima que tivo lugar na Biblioteca Nacional de España e no Museo Centro Gaiás ao longo de 2016 con motivo do centenario do nacemento de Cela co fin de reforzar o coñecemento da súa figura, da súa obra e do seu legado.

Segundo explicou o conselleiro, a publicación que se presenta hoxe “amplía a través dunha serie de textos monográficos” os contidos desa exposición que foi visitada por máis de 30.000 persoas. Trátase de que se coñeza “un pouco mellor ao único premio Nobel co que conta Galicia, que saiban da súa contribución á cultura galega, española e universal, e que sexan conscientes das súas orixes e raíces, e da influencia que na súa vida e na súa obra tivo Galicia”, engadiu o conselleiro.

Durante a presentación tamén interviron Adolfo Sotelo (coordinador da publicación e comisario da exposición homónima), Sonsoles Escribano (directora de Profesorado da Universidade Camilo José Cela), Carlos Alberdi Alonso (director Cultura da Biblioteca Nacional de Esaña), e Isabel Vázquez Reboredo (directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura).
 

Comparte