Nova: Volve o Encontro Galego de Saxofón

31/05/2017

Volve o Encontro Galego de Saxofón

Celebrará este ano a súa décimo terceira edición co apoio de Cultura

  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse con membros da Asociación Sax Factory – Factoría Galega do Saxofón O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, reuniuse con membros da Asociación Sax Factory – Factoría Galega do Saxofón

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017.- O Encontro Galego de Saxofón celebrará este verán a súa décimo terceira edición co apoio da Consellería de Cultura e Educación.

Así llelo confirmou eo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a José Fungueiriño e Óscar Fernández, membros da Asociación Sax Factory – Factoría Galega do Saxofón, cos que se reuniu na sede compostelá da Xunta de Galicia en San Caetano.

O departamento de Cultura dálle continuidade á súa colaboración con esta iniciativa que contribúe ao enriquecemento musical do contexto sociocultural de Galicia a través dunha proposta innovadora e de máxima calidade.

O encontro, que conta coa participación de expertos internacionais, ofrece formación específica para saxofonistas e estudantes de saxofón que queiran afondar na técnica do instrumento, así como traballar o repertorio dos máis variados estilos axustado ás súas necesidades específicas.

Comparte