Nova: Celanova acollerá no verán unha nova edición do Festival Hércules Brass

22/05/2017

Celanova acollerá no verán unha nova edición do Festival Hércules Brass

  • O Festival Hércules Brass celebrará este verán a súa cuarta edición en Celanova O Festival Hércules Brass celebrará este verán a súa cuarta edición en Celanova
  • O Festival Hércules Brass celebrará este verán a súa cuarta edición en Celanova O Festival Hércules Brass celebrará este verán a súa cuarta edición en Celanova

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017.- O Festival Hércules Brass celebrará este verán a súa cuarta edición en Celanova, para o que contará un ano máis co apoio da Consellería de Cultura e Educación. Así llelo confirmou esta mañá o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ao alcalde de Celenavoa, José Luis Ferro; ao técnico de Cultura do concello, Antonio Piñeiro; e aos músicos Alejandro Vázquez e Rodrigo Rodríguez, integrantes do quinteto de metal Hércules Brass, cos que se reuniu esta mañá no edificio administrativo de San Caetano, na capital galega.

O Goberno autonómico vén colaborando desde a súa posta en marcha con este festival, promovido pola Asociación Cultural Xingros, co fin de favorecer a realización de programacións locais que lle acheguen á cidadanía a música clásica.
 

Comparte