Nova: Nace o Concurso Balbino de relatos, que ten como eixe temático o rural galego

02/03/2016

Nace o Concurso Balbino de relatos, que ten como eixe temático o rural galego

O gañador obterá como premio 1500 euros e a publicación da súa obra

O prazo para a presentación dos textos permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de xuño
 
  • Ilustración de Balbino, de Díaz Pardo, para Memorias de un neno labrego, de Edicións do Castro
  •  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta mañá a primeira edición do Concurso 'Balbino' de relatos O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta mañá a primeira edición do Concurso 'Balbino' de relatos

Santiago, 2 de marzo de 2016.- Presentouse a primeira edición do Concurso 'Balbino' de relatos, un certame que nace coa idea de promocionar a literatura e a lingua galegas, así como aos escritores que nela crean as súas obras.

Ademais do secretario xeral de Política Lingüística, Valéntín García,  na cita interveu o representante da empresa promotora deste certame, Técnicas & Gramaxe, Manuel Núñez, que explicou que o concurso “pretende ser un estímulo para todas as persoas que queiran participar na promoción e difusión de Galicia e da nosa cultura” e precisou que “a periodiciade da cita é anual e a temática vai estar vinculada ás tradicións, aos costumes e ás raíces galegas”.

Canda eles, tamén participaron no acto de presentación os alcaldes de Boqueixón e Vila de Cruces, Ovidio Rodeiro e Xesús Otero, respectivamente; o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal; e o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Luís Reimóndez.

Convocatoria aberta
O prazo para a presentación de traballos xa está aberto. Cómpre que as obras estean escritas en galego e a motivación temática das mesmas será 'O rural galego', con vivencias directas ou indirectas do eido rural da nosa terra.

Os textos, que han de ser orixinais e inéditos, presentarán unha extensión mínima de 120.000 caracteres con espazos e máxima de 180.000, e poderánse facer chegar por correo electrónico ou ordinario. O prazo de presentación dos traballos rematará o 30 de xuño.

O vencedor do único premio obterá 1500 € e verá publicada a súa obra gañadora grazas a Edicións Fervenza. A entrega do premio está fixada no calendario para o vindeiro mes de setembro.

Para máis información, pódese consultar o web www.tecgrama.com ou escribir ao enderezo electrónico concursobalbino@gmail.com

Comparte