Nova: Rueda avalía co Consello da Cultura Galega o momento de vitalidade que vive a nosa cultura

30/10/2026

Rueda avalía co Consello da Cultura Galega o momento de vitalidade que vive a nosa cultura

Mantén un encontro coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra

Reafirma o compromiso do Goberno autonómico coa nosa cultura, a conservación do patrimonio e a promoción da lingua galega

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e outros representantes do órgano estatutario, no que avaliou o momento de vitalidade e dinamismo que vive a nosa cultura, sendo un piar fundamental da economía de Galicia ao representar o 3% do seu PIB.

Na reunión, na que estivo acompañado do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, o presidente encomiou o traballo do Consello promovendo e preservando os valores culturais da nosa comunidade e reafirmou o compromiso do Goberno autonómico coa nosa cultura, a conservación do patrimonio e a promoción da lingua galega.

A este respecto, cómpre lembrar que na actualidade a Xunta ten declarados 805 Bens de Interese Cultural e hai 100 centros museísticos integrados no Sistema Galego de Museos. Ademais, son varios os recoñecementos nacionais e internacionais recibidos nos últimos anos polo sector literario, audiovisual ou das artes escénicas galegas.

Comparte