Nova: O Festival de Jazz de Lugo reúne figuras internacionais e talento galego en 22 actuacións co apoio da Xunta

27/10/2026

O Festival de Jazz de Lugo reúne figuras internacionais e talento galego en 22 actuacións co apoio da Xunta

Paquito D’Rivera, Kenny Barron, James Carter e Erik Truffaz figuran entre os nomes destacados dun cartel que se desenvolverá en catro espazos da cidade

Abe Rábade e as formacións galegas do Club Clavicémbalo darán conta da diversidade e do dinamismo do jazz feito en Galicia

Lugo, 27 de outubro de 2026

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación do XXXVI Festival de Jazz de Lugo, que ofrecerá do 4 ao 14 de novembro, co apoio da Xunta de Galicia, un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios: o Círculo das Artes, o Auditorio Fuxan os Ventos, a Casa do Saber da Universidade de Santiago de Compostela e o Club Clavicémbalo.

Así,  tal e como lembrou Jacobo Sutil, a colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, “contribúe á continuidade desta cita coa música en directo e á difusión do jazz feito en Galicia nun programa compartido con artistas do circuíto internacional”. Do mesmo xeito, destacou que o cartel achegará ao público diferentes xeracións e xeitos de entender o jazz ao longo de once días.

Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro. Mentres, A Casa do Saber recibirá a Mariola Membrives Trío o 12 de novembro.

O jazz galego terá tamén un protagonismo destacado no Club Clavicémbalo, con Swing Titans, o 4 de novembro; Juzz, o día 5; MØRRAJÁSS, o día 6; Do Like Sco, o día 7, e Cachas & Cousins, o 14 de novembro, ademais do encontro de Abe Rábade Trío con Ariel Brínguez, o 12 de novembro. A programación deste espazo completarase con Irati Bilbao Sextet, o 6 de novembro; Mario Morla Quintet, o día 7; Luis Nacht, Jeff Williams & Demian Cabaud, o día 11; Andrés Coll Cosmic Trio, o día 13; Víctor Antón’s Barney Kessel Tribute Quintet, o día 13, e Javier Vercher Cuarteto.

Comparte