Nova: Martina Aneiros mantén unha reunión con representantes da asociación Amigos do Órgano de San Xiao

16/09/2026

Martina Aneiros mantén unha reunión con representantes da asociación Amigos do Órgano de San Xiao

Ferrol, 16 de setembro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da asociación Amigos do Órgano de san Xiao, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abrir vías de colaboración.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas  necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Comparte