Nova: A Xunta aborda cos cineclubs galegos futuras liñas de colaboración para avanzar na mellora da súa actividade

03/07/2026

A Xunta aborda cos cineclubs galegos futuras liñas de colaboración para avanzar na mellora da súa actividade

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2026

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse con 13 representantes dos principais cineclubs galegos e da federación que os agrupa para coñecer de xeito directo as súas principais demandas. No encontro abordáronse posibles novas liñas de colaboración para avanzar no apoio que xa se lles presta desde a Xunta de Galicia a todos estes espazos como difusores de cine non comercial e únicas pantallas de exhibición en moitas localidades.

Na xuntanza, na que tamén participaron Jaime Pena, director da Filmoteca de Galicia, e Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual, tratáronse aspectos como a situación dos espazos de proxección, a mellora tecnolóxica para a renovación dixital dos equipos, a mediación para facilitar as relacións entre os cineclubs e as distribuidoras cinematográficas independentes e fórmulas para mellorar a comunicación das actividades de cara ao público.

Comparte