Nova: Belén do Campo participa na inauguración oficial da XIX Feira do Románico de Negreira

27/06/2026

Belén do Campo participa na inauguración oficial da XIX Feira do Románico de Negreira

Negreira (A Coruña), 27 de xuño de 2026.

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada por membros da corporación, participou esta mañá na inauguración oficial da XIX Feira do Románico de Negreira, unha cita consolidada no calendario festivo e cultural galego que transforma a vila nun espazo de recreación histórica ambientado no século XIII.

Durante o acto inaugural participou no tradicional desfile acompañado das compañías e grupos de animación, e visitaron os postos de artesanía e de oficios tradicionais que poñen en valor a historia, o patrimonio e a identidade cultural deste Concello. Unha celebración na que se rende homenaxe á figura do trobador Afonso Eanes do Cotón, un dos máis destacados poetas das cortes de Afonso X o Sabio.

Desde pasado venres e ata o domingo, as rúas de Negreira acollen un amplo programa de actividades con música, espectáculos, artesanía, exhibicións de cetraría, propostas para os máis pequenos e desfiles, entre os que destaca a presenza do impresionante Dragón e o espectáculo nocturno Subumbra, da compañía Troula Animación este sábado pola noite.

Comparte