Nova: O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da 22ª edición do Curso de medios audiovisuais de Celanova (Cemac)
23/06/2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da 22ª edición do Curso de medios audiovisuais de Celanova (Cemac)
Ourense, 23 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, na presentación da 22ª edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) Audiovisual galego. Diversidade creativa, promovido pola Fundación Carlos Casares, a Vicerreitoría do Campus de Ourense, o concello de Celanova, a Deputación Provincial de Ourense, e co financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
O CeMAC deste ano, que se desenvolverá do 6 ao 10 de xullo no Auditorio Municipal Ilduara, desde a súa condición de curso universitario, afronta novas iniciativas para enriquecer a experiencia do alumnado mediante exposicións, concertos, presentacións ou talleres. Nesta edición tamén se analizarán diversos formatos, así como o proceso de consolidación do ecosistema audiovisual, do seu equilibrio industrial e creativo, e os pasos que se están a tomar para a súa normalización no país á marxe de soportes e formatos.
Participarán profesionais en diversos aspectos creativos (dirección, guión, produción, fotografía, música,…) e vinculados ás industrias culturais, co fin de analizar a situación do sector e as novas posibilidades transversais de actuación.


