Nova: O delegado territorial da Xunta participa na inauguración da Feira do Libro de Ourense

17/06/2026

O delegado territorial da Xunta participa na inauguración da Feira do Libro de Ourense

Ourense, 17 de xuño de 2026.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na inauguración da Feira do Libro en Ourense, onde destacou que estes eventos permiten achegar ao conxunto da cidadanía a paixón polos libros e a lectura, conectando dun xeito especial co conxunto da sociedade, desde os grandes afeccionados á lectura, que aproveitan os descontos para mercar as últimas novidades dos seus autores e xéneros preferidos, aos lectores máis esporádicos, que empregan estas feiras para retomar o hábito atendendo algunha recomendación.

Estas feiras constitúen o gran escaparate anual do noso sector editorial –sinalou Manuel Pardo- “polo que quero trasladar os meus parabéns aos libreiros de Ourense e Galicia”.

Comparte