Nova: López Campos recibe a nova directiva da Asociación Escena Galega con Eva Alonso á fronte da presidencia
10/06/2026
López Campos recibe a nova directiva da Asociación Escena Galega con Eva Alonso á fronte da presidencia
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu hoxe unha representación da nova xunta directiva da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas - Escena Galega, que conta coa produtora Eva Alonso, de Teatro do Noroeste, como presidenta do colectivo desde o pasado 20 de maio.
Na reunión tamén participaron, por parte da Xunta, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e da banda de Escena Galega, Guillermo Carbajo (de Redrum Teatro), e Rocío Salgado (de Ártika Cïa), secretario e vogal, respectivamente, da devandita asociación maioritaria do sector que integra na actualidade máis de 60 empresas dedicadas á produción e/ou distribución de espectáculos escénicos. Na xuntanza abordáronse proxectos en común ou en colaboración, tales como Galicia Escena PRO, Camiño Escena Norte ou o contido do convenio que o Goberno galego mantén anualmente coa entidade.
