Nova: A Xunta asiste ao concerto 'Xoais da música checa', co que se reforzan os vínculos entre Galicia e a República Checa

09/06/2026

A Xunta asiste ao concerto 'Xoais da música checa', co que se reforzan os vínculos entre Galicia e a República Checa

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiron en Santiago de Compostela ao concerto Xoias da música checa, convidados polo embaixador da República Checa en España, Libor Sečka.

O recital, interpretado polo pianista Matyas Novak, desenvolveuse no mosteiro de San Martiño Pinario e foi organizado pola empresa checa Energo-Pro e a súa socia en Galicia, Xelga, coa idea de estreitar as relacións económicas e culturais entre ambos os territorios.

Comparte