Nova: Belén do Campo reúnese co presidente da Asociación Histórico-Cultural Bahía Ártabra para coñecer os seus proxectos de divulgación do patrimonio histórico e marítimo
09/06/2026
Belén do Campo reúnese co presidente da Asociación Histórico-Cultural Bahía Ártabra para coñecer os seus proxectos de divulgación do patrimonio histórico e marítimo
A representante do Goberno autonómico destacou o labor da entidade na recuperación e difusión da memoria vinculada á Coruña e ao seu legado naval
A Coruña, 9 de xuño de 2026
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo unha reunión co representante da Asociación Histórico-Cultural Bahía Ártabra, Santiago Juega, co obxectivo de coñecer de primeira man as iniciativas e proxectos que está a desenvolver a entidade para a divulgación, conservación e posta en valor do patrimonio histórico, cultural e marítimo da cidade e da súa contorna.
Durante o encontro, Santiago Juega presentou á delegada as principais liñas de actuación da asociación, centradas na investigación histórica, a recuperación da memoria colectiva e a promoción de actividades divulgativas que contribúan a achegar á cidadanía episodios e acontecementos relevantes da historia da Coruña e de Galicia.
Belén do Campo puxo en valor o traballo que desenvolve a Asociación Histórico-Cultural Bahía Ártabra na defensa e difusión do patrimonio histórico e marítimo, así como o seu compromiso coa divulgación de feitos que forman parte da identidade da cidade. Neste sentido, destacou especialmente as iniciativas impulsadas pola entidade para conmemorar o V centenario do falecemento de García Jofre de Eloísa e de Juan Sebastián de Elcano en 1526.
A delegada sinalou que o labor das asociacións culturais resulta fundamental para preservar a memoria histórica e transmitir ás novas xeracións o coñecemento do noso pasado, contribuíndo ademais a reforzar a identidade local e a promover o turismo cultural.
Durante a reunión abordáronse tamén posibles vías de colaboración para impulsar actividades de carácter divulgativo e cultural que permitan seguir poñendo en valor o importante patrimonio histórico vinculado á cidade da Coruña e á súa relación co mar.
Entre elas informaron á delegada de que para conmemorar este centenario se vai a levar a cabo unha celebración relixiosa, o próximo 6 de agosto, na igrexa parroquial de San Francisco de Asís como acto central e a maiores se realizaran dúas conferencias sobre a expedición Laoísa e a expedición Balmis, o 23 e 29 de xullo, na Autoridade Portuaria.
No encontro tamén lle trasladaron o seu interese para instalar un monumento conmemorativo en lembranza da expedición de Loaísa, a 2ª circunnavegación á terra, que comezou en 1525 na Coruña e rematou en 1536 en Lisboa.
Belén do Campo agradeceu o traballo que realiza a entidade e animou aos seus responsables a continuar promovendo iniciativas que contribúan á conservación, difusión e coñecemento da historia de Galicia, destacando o papel que desempeñan este tipo de colectivos na dinamización cultural e na protección do patrimonio común.



