Nova: Xosé Lois Romero & Aliboria actuarán o 15 de agosto no festival ‘Terra Brava’ do Incio co patrocinio da Xunta
27/05/2026
Xosé Lois Romero & Aliboria actuarán o 15 de agosto no festival ‘Terra Brava’ do Incio co patrocinio da Xunta
O Incio (Lugo), 27 de maio de 2026
A Xunta renova a súa colaboración co Festival Terra Brava do Incio, que celebra o 15 de agosto unha nova edición impulsada pola asociación Terra Brava.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde do Incio, Héctor Corujo, e co presidente da agrupación promotora, Luis Valcárcel, para coñecer os detalles da programación deste ano, que incorpora a actuación de Xosé Lois Romero & Aliboria patrocinada pola Xunta.
A formación achegará ao festival do Incio a súa maneira renovadora de acometer a música tradicional galega, conxuntando as potentes voces das súas vocalistas cos innovadores arranxos para percusión tradicional, cheos de forza, raza e terra. Súmanse así a outros grupos que xa dera a coñecer a organización, como a Charanga Bicoia, Lamatumbá, La Trocamba e Calle Mambo.
