Nova: A Xunta apoia un documental de difusión do legado de Otero Pedrayo na conmemoración do 50 aniversario do seu pasamento
02/02/2026
A Xunta apoia un documental de difusión do legado de Otero Pedrayo na conmemoración do 50 aniversario do seu pasamento
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
O conselleiro de Educación Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación dun documental sobre a figura de Otero Pedrayo no marco dos actos conmemorativos do 50 aniversario do seu pasamento e do Ano Oteriano impulsados pola fundación do escritor de Trasalba e que contan co apoio da Xunta de Galicia.
A peza audiovisual Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe, está dirixida pola profesora da Universidade de Vigo e membro da fundación, María José Bravo Bosch, e nela reprodúcense as viaxes por Galicia que realizou o intelectual galeguista e que lle serviron para a elaboración da primeira guía de Galicia, centrada principalmente na súa admiración pola paisaxe.



