Nova: A delegada territorial da Xunta asiste no concello de Ferrol ao concerto conmemorativo do falecemento de Gonzalo Torrente Ballester

27/01/2026

A delegada territorial da Xunta asiste no concello de Ferrol ao concerto conmemorativo do falecemento de Gonzalo Torrente Ballester

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no concello de Ferrol ao concerto conmemorativo do falecemento de Gonzalo Torrente Ballester, que tivo lugar un 27 de xaneiro de hai 26 anos.

O acto incluíu a proxección dun vídeo sobre a figura do escritor ferrolán e un concerto a cargo de integrantes da Banda Ferrolá de Música.

Comparte