Nova: López Campos enxalza o papel do Consorcio de Santiago no reforzo da dinamización cultural da capital de Galicia de cara ao 2026

23/12/2025

López Campos enxalza o papel do Consorcio de Santiago no reforzo da dinamización cultural da capital de Galicia de cara ao 2026

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe o papel do Consorcio de Santiago no reforzo da dinamización cultural da capital de Galicia para 2026. Fíxoo tras participar no Consello de Administración deste organismo, no que se aprobou o plan de obxectivos e outras medidas e accións de cara ao vindeiro ano.

O representante do Goberno galego puxo en valor as actividades e proxectos culturais que, da man do Consorcio de Santiago, se desenvolveron ao longo deste 2025 e amosouse convencido da “consolidación e impulso de novas iniciativas á altura da cidade e coa dirección e ollada posta no ilusionante e gran reto do Xacobeo 2027”.

Comparte