Nova: Xunta e Fundación Paideia celebran o novo talento musical galego cun evento promocional de artistas emerxentes
12/12/2025
Xunta e Fundación Paideia celebran o novo talento musical galego cun evento promocional de artistas emerxentes
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2025
A Sala Riquela de Santiago de Compostela acolleu este mediodía o Vermú musical organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Paideia Galiza, que congregou máis de 70 persoas, entre artistas e público xeral, para celebrar o novo talento musical galego con concertos, entrevistas e networking.
O director da Axencia galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou nesta cita, para a que se contou coas actuacións de Candela Liste e de Javier Lago, que tamén compartiron cos asistentes a evolución dos seus respectivos proxectos musicais. A manager e produtora Patricia Hermida conduciu este encontro, no que entrevistou, así mesmo, a Law, Yas de Luaces e Davide Leira, do grupo Maghúa, outros tres artistas que representan o dinamismo da nova escena musical galega.
