Nova: López Campos aborda con Quintana Martelo a colaboración da Xunta no Día das Artes Galegas 2026

21/11/2025

López Campos aborda con Quintana Martelo a colaboración da Xunta no Día das Artes Galegas 2026

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, para abordar a colaboración da Xunta de Galicia na programación coa que se conmemorará o Día das Artes Galegas 2026, dedicado ao fotógrafo José Suárez.

Deste xeito, no encontro o representante do Goberno galego tendeu a man un ano máis á institución para sumarse a esta homenaxe, implicándose nas propostas culturais que se desenvolverán ao longo do vindeiro ano tomando o relevo das iniciativas que durante este 2025 se centraron na figura de Isaac Díaz Pardo.

Comparte