Nova: A Xunta axuda ao sector editorial galego con preto de 250.000 euros

11/11/2025

A Xunta axuda ao sector editorial galego con preto de 250.000 euros

O delegado territorial en Pontevedra visitou a empresa Técnicas & Gramaxe S.L, que foi unha das máis de 50 beneficiadas por estas axudas

Reguera destacou o compromiso da Xunta co sector cultural

Silleda (Pontevedra), 11 de novembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as instalacións da empresa Técnicas & Gramaxe SL., no concello de Silleda, que foi unha das beneficiadas polas axudas da Xunta para o sector editorial galego relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2025.

Técnicas & Gramaxe S.L,  que recibiu preto de 6.500 euros ao abeiro destas axudas, foi unha das máis de 50 editoriais beneficiadas en toda Galicia por valor de preto de 250.000 euros.

O delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor o compromiso da Xunta co sector cultural e, “moi especialmente, co sector editorial que sempre desempeñou un papel imprescindible na conservación e difusión da nosa cultura, historia e identidade como galegos”.

Comparte