Nova: A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do Concerto Homenaxe a Milladoiro

16/10/2025
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do Concerto Homenaxe a Milladoiro
Madrid, 16 de outubro de 2025
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, presidiron esta tarde a presentación do Concerto Homenaxe a Milladoiro polo seu 45 anos, que tivo lugar na sala Emilia Pardo Bazán da sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid.
Durante o acto, Ramos lembrou que “a música de Milladoiro leva acompañando moitos anos a vida dos galegos e galegas” e subliñou que o grupo “representa o mellor da tradición e tamén da modernidade da música galega”. Pola súa parte, Valentín García destacou que celebrar o 45 aniversario de Milladoiro “é un fito extraordinario que demostra a importancia e a vixencia do grupo na cultura galega e o seu papel como embaixador da nosa lingua e identidade en escenarios de todo o mundo”. Engadiu ademais que “o compromiso de Milladoiro coa música e coa lingua galega converte o seu legado nunha das grandes referencias culturais de Galicia”.