Nova: A Casa de Galicia en Madrid homenaxea a Maruja Mallo coa presentación do libro ‘El cuarto vértice’

09/10/2025
A Casa de Galicia en Madrid homenaxea a Maruja Mallo coa presentación do libro ‘El cuarto vértice’
Madrid, 9 de outubro de 2025
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta tarde a presentación do libro El cuarto vértice, de Carlos Moreno Lugrís, publicado por Hércules de Ediciones.
Durante o acto, Ramos destacou que a novela “recupera as vidas de centos de mulleres que foron vilipendiadas polo chamado Patronato da Muller”. Engadiu que “a historia de Marina, marcada pola desgraza e pola inxustiza, contraponse á de Maruja, unha muller chea de éxito e privilexios, o que permite ao autor ofrecer un retrato lúcido das desigualdades e dos destinos condicionados pola época”. E resaltou tamén que “grazas a Carlos Moreno Lugrís a Casa de Galicia en Madrid pódese unir hoxe a homenaxear a Maruja Mallo”.