Nova: Ana Ortiz e Anxo M. Lorenzo destacan o labor dos centros de estudos locais na actividade científica e cultural

20/09/2025
Ana Ortiz e Anxo M. Lorenzo destacan o labor dos centros de estudos locais na actividade científica e cultural
A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Cultura participaron na inauguración da asemblea da Confederación Española de Centros de Estudos Locais que se celebra na cidade
Vigo, 20 de setembro de 2025.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron este sábado na inauguración da asemblea da Confederación Española de Centros de Estudos Locais (Cecel) que se celebra na cidade durante esta fin de semana.
Os representantes autonómicos destacaron o labor realizados polos colectivos para coordinar e impulsar a actividade científica e cultural dos seus membros, facilitando a colaboración entre investigadores e organizando reunións científicas. No caso de Vigo salientaron o traballo do Instituto de Estudos Vigueses.
A Confederación Española de Centros de Estudos Locais (Cecel) é unha entidade que agrupa a máis de 56 centros e organismos de investigación de carácter local e rexional en España. Celebra a súa asemblea xeral anualmente, xeralmente no mes de setembro, con un evento no que revisan e aproban a memoria económica e de xestión, debátense propostas.