Nova: López Campos convida a saborear a nosa gastronomía na XXXI Festa do Mexillón e o Berberecho

07/08/2025

López Campos convida a saborear a nosa gastronomía na XXXI Festa do Mexillón e o Berberecho

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 7 de agosto de 2025.- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na apertura da carpa gastronómica da XXXI Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa, onde invitou a “saborear a nosa gastronomía e poñer en valor un sector moi importante para a nosa cultura, o sector do mar”.

Deste xeito, o titular de Cultura do Goberno galego, destacou a programación cultural dunhas festas que se estenderán ata o vindeiro domingo, cando terá lugar o tradicional acto de entrega de insignias, e que inclúen concertos, a Feira de Oportunidades ou unha procesión marítima. Neste senso, lembrou que estes días son propicios para aproveitar “un verán cheo de propostas culturais por toda Galicia, no que ofrecemos actividades para todos os públicos”, facendo referencia así á programación estival da Xunta, o Para gustos, cultura, que conta con máis de 3.400 actividades en 200 concellos.

Comparte